lunes, 30 de mayo de 2011

Saúdo

Prezados amigos: Ben sabedes que non son eu moi amigo de lle dar voltas aos recordos do seminario, mais si quero ser sempre cortés, e non atender o reiterado convite de Vicente a me unir a este ámbito de conversa, sería unha clara descortesía para con vosoutros e iso é cousa que por nada quero que suceda.
Non serán moitas as miñas intervencións, pero como estou a traballar con moita intensidade nunha novela que teño comprometido entregar ao editor en abril de 2012, e nela vai haber lembranzas daqueles anos do seminario, non digo eu que non precise da vosa colaboración para fixar certas cousas que a miña curta estancia no seminario de dous anos, fai que se presenten na memoria metidas nun mesto neboeiro.
Entramentras vaian para os presentes neste foro a miña mellor aperta de condiscípulo (así se dicía na xiria clerical) de daquela e de amigo de agora e sempre.

2 comentarios:

  1. Benvido, amigo Xabier. Fasme moi contento!

    ResponderEliminar
  2. Amigo Xabier: Non tiña lido este saúdo teu, que aprezo de maneira especial. Xa sabes que o meu non é dar xabrón, pero para os que nos gusta escribir, saber que un esperto nestas lides, coma ti, tamén te le é un acicate que nos obriga a mellorar ata onde as nosas limitadas neuronas o permitan. Unha aperta. pedro.

    ResponderEliminar

No lo pienses más, dilo...