jueves, 23 de junio de 2011

Sangue dos Mártires

Por desgraza, na actualidade seguen a existir rexímenes que perseguen a Igrexa como se facía nos tempos dos emperadores romanos, aínda que disfrazados estes ataques baixo demagóxicas razóns dun falso progresismo ou dunha malentendida laicidade.
Pero estas persecucións, máis ou menos encubertas, non son os únicos perigos que ameazan á Igrexa de Cristo. Con frecuencia esta institución, de natureza non terreal, por definición do mesmo Xesucristo, aínda que se desenvolva nesta Terra que por un curto tempo habitamos os cristiáns, vese ameazada por outros perigos máis sibilinos, e por iso máis difíciles de ser captados coma tales. Refírome aos distintos cantos de serea que dende os poderes políticos dunha nación se dirixen á xerarquía que a goberna. Poderes políticos que intentan presentarse coma paladíns da fe, pero que o único que pretenden e contar co beneplácito de dita xerarquía e a súa aprobación de cara aos seus programas electorais, aínda que para conseguilo teñan que outorgarlle prebendas e privilexios que lles son negados a outras institucións menos afíns á súa causa.
A Igrexa española ten caído non fai moito neste saduceo engano, e por desgraza parece que aínda non ten suficientemente escarmentado.
Os inimigos inimigos non poderán derrubar a Pedra sobre a que se asenta Igrexa de Cristo. Contamos coa Palabra do mesmo Xesús.
As “hordas republicanas” –como moi ben nos explicaba o Zocas- non foron quen de acabar co cristianismo en España. O sangue dos mártires que puideron derramar foi semente de novos e máis comprometidos cristiáns. En cambio da tutela do réxime franquista á igrexa nacional derívase, ao meu entender, a falta dunha igrexa española máis próxima ao pobo –non sobre o pobo- e máis comprometida cos máis necesitados.
A miña tese é que a mensaxe evanxélica corre máis perigo nunha igrexa tutelada polos poderes fácticos que nunha igrexa perseguida. Cal é vosa opinión?

Pedro J. Rovira Magariños

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No lo pienses más, dilo...