miércoles, 1 de junio de 2011

O primeiro mes do noso lugar de encontro

Mañá, dia 2, fará un mes que escomenzou a camiñar iste modesto instrumento de comunicación entre nós, os da Gloriosa do 56. A noite do primeiro de maio, recén chegado damiña Galiza aimada, puxenme a traballar pra darlle unha primeira forma a ista pequena sala de encontros. Trinta dias logo pasan... Pero velos, un tras o outro, fai que o tempo se alongue, cando non que se pare nun parétesis de saudade e lembranzas.
O feito é que, nesas trinta xornadas, ista xuntanza nosa xa recebiu mais de 600 entradas nas notas publicadas. Somos xa oito os compañeiros que són 'administradores' do lugar (do blog, quérese decir). Todos os que nosderon unha direción de correo electrónico, fúchedes invitados, algúns en repetidas ocasions, pra faceros co-responsables da boa marcha de esta fenestra por onde nos miramos todos.
Agradezo todos os consellos, axudas, críticas e colaboracións. Gracias a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No lo pienses más, dilo...