viernes, 26 de agosto de 2011

Somos útiles …!


Ao verlle as orellas ao momento de xubilarse, éntralle a un un desacougo vital: E agora que fago? Para que sirvo?
Dándolle voltas a esta abafante idea, veume á mente esta metáfora:
“Os maiores somos as agullas vellas coas que Deus carcose unha xeración con outra”.
O feito de saber que eu e mais os meus achaques ían desenvolver unha misión tan transcendente como é a de servir de cadea de transmisión de coñecementos e valores, acougou o meu espírito … e seguín durmindo tan ricamente.

Pedro J. Rovira Magariños

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No lo pienses más, dilo...