sábado, 30 de julio de 2011

CRÓNICA A VIDA OU MORTE

    Moitos, moitos, moitísimos nenos e nenass van morrer de fame, non nun futuro máis ou menos inmediato, senón agora, neste intre, mentres eu dou conta destas sardiñas á prancha e dun bo ribeiro.
    E mentres tanto, dende o maís humilde ata o máis poderoso dos seres que nos consideramos humanos, simplemente por ter o privilexio de ser propietarios dun carné de identidade que así parece testificalo, ufanámonos de estar moi por riba dos demais seres vivos que conviven connosco neste planeta chamado Terra,  pois eles non se rexen máis ca polo seu instinto de superviveencia e perpetuación da especie.
    Non pode ser! Temos que actuar, ti e mais eu. Todos os     que sexan capaces de recuperar o dereito a ser mulleres ou homes por dereito propio.
- Señor Rei, vostede non pode seguir vivindo no luxo en que as circunstancias históricas o colocaron. Agora NON!
- Señor Presidente do goberno, vostede non pode, agora NON, dispór dun avión particular para as súas viaxes, habendo trens e autobuses que serían a salvación de milleiros dos seus conxéneres –si, conxéneres- en países  nos que non chega a axuda porque non hai nin unha das estradas que aquí tanto criticamos. Tampouco pode manter no goberno a quen aproveita esa situación simplemente para medrar e medrar. Agora NON!
- Señor Xefe da oposición, vostede non pode, agora NON, ter nas súas filas persoeiros que cobran tres e máis soldos, cada un dos que sacaría da miseria a tantos e tantos desherdados da fortuna. Agora NON!
- Señor Vicario de Cristo na Terra, a Igrexa non pode, agora NON, ter riquezas, de calquera índole, mentras hai seres “humanos” que morren de fame por falta do máis indispensable.
- Señores Presidentes autonómicos, Señores Presidentes de Deputacións; Señores Alcaldes, …, Agora NON!
- Señores banqueiros e grandes empresarios! A vostedes non me atrevo a dicirlles: Agora NON, pois non sei se iso suporía a súa desaparición!
- Señor eu, que me atrevo a escribir isto: Cheguei a pensar algunha vez que o meu soldo mensual de mestre bastaría para dar de comer a todos os habitantes dunha aldea perdida en Etiopía e tantos outros países, habitados por homes, mulleres e nenos, e que aínda me quedaría para unha digna supervivencia?
Non, non o pensei! E se o pensei, ollei para outro lado.
    Así que, … non dixen ren!
E mañá, todos á misa. “Xuntos coma irmáns, membros dunha Igrexa, …!!!






Pedro J. Rovira Magariños

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No lo pienses más, dilo...