domingo, 6 de mayo de 2012

Xuntanza do 1º de maio do 2012

DESPOIS DA REUNIÓN DA GLORIOSA DO 56

Pasou o día,
mais non a romaría!
Unha vez máis voltamos a un fogar
que infunde en nós a sindrome de Suecia,
segundo di quen non o soubo amar.

Pero nos muros deste vello edificio
atópase o mellor das nosas vidas:
amizade, fervor, dura agonia
de quen se vía espido de tenrura.

Pode ser que a memoria nos traizoe
e vexamos na distancia como boas
as que antano non eran senón duras cadeas
coas que quixesen pórlles freo ás nosas almas.

Choramos polo amigo que se ía,
pola fame, a sinrazón, a incompetencia, ...
Pero rimos con Lozano, co Xambelo,
cos corridos mexicanos do bo Xosé María.

Só o tempo será a testemuña
do que foi a nosa vida neses anos.
Só aquel será quen de axuizala
Os demais, non. Nos somos imparciais.

Á altura en que estamos desta vida,
o que conta e pode reavivarnos
e saber que o latexo que sentimos
no corazón cando nos xuntamos
é compartido por todos os amigos,
amigos da alma, os nosos, os de sempre,
a xente boa do noso Seminario.


                Pedro J. Rovira

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No lo pienses más, dilo...