lunes, 28 de noviembre de 2011

REFLEXIÓNS DENDE A PALLEIRA



Agora que o imperativo categórico da idade xa me fixera case que bo …!
Agora que xa estaba a punto de pór dicir o de “bonum certamen certavi, …!
Agora que ata don Celestino me tería prometido o Paraíso…!
Pero está visto que nesta … vida non cabe a felicidade completa. Sempre ten que atoparse un co texto máis impertinente e no momento menos adecuado!
Denuncio enerxicamente a necidade de quen ata chegou a ter sona por dicir que a relixión era o opio do pobo.
Non é o opio, é o “pepiño grilo” (non necesariamente branco) enfastiante que alguén por riba de nós ideou para amolarnos.
Ata agora eu tiña acalmado as miñas afogadas (nunca mellor dito) inquedanzas nos rezos autoxustificantes que os meus pais e a Santa Nai Igrexa me tiñan ensinado. Pero a adversidade, disfrazada nesta ocasión de  “puñeteiro” insomnio, levoume a meditar sobre ese, para min, inmisericorde  e posiblemente pouco meditado, imperativo de Cristo de “quen teña dúas túnicas…”
Porque, pregunteime, inocente de min: E se cambiamos (na eséxese cristiá teño visto tantos cambios!):
- “túnicas” por pisos?
- “túnicas” por coches?
- “túnicas” por soldos n veces superior ao soldo do meu veciño (non digamos dun paria estranxeiro)?
- “túnicas” por prestixio?
- “túnicas”  por dor?
- “túnicas” por agarimo?
- “túnicas” por esperanza?
- “túnicas” por …, por …, por …?
Vou escribir estas parvadas antes de que o “sentido común” que me recomendaba o meu bo amigo Alfonso me obrigue a eliminalas e volver ao bo sendeiro daqueles benaventurados que confían na infinita benevolencia do noso Creador.
Acaso o tranquimazín non é tamén algo que nos vén de Deus?
Para os que están fodidos .. Deus proverá! 

Pedro J. Rovira

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No lo pienses más, dilo...