IN MEMORIAM
De aqueles queridos compañeiros que xa non están connosco:
Benigno
José Mª
Servando
Antonio
Ramón Penela
G. Pérez Alonso
S. del Río Somoza
Manuel Sanfiz
José Santiso
Ramón Sucasas
E todos aqueles dos que teñen falecido sen que nós o souberamos.
Se de algo foi boa escola o Seminario é de amizade.
Nos diferentes camiños polos que a vida nos levou a cada un de nós, entablamos relacións con moita e moi diversa xente. Xente xenerosa e xente cobizosa, xente nobre e xente ruín, xente leda e xente coa perpetua marca da dor nas súas faccións. Pero a toda esa xente faltáballe algo que só atopamos naqueles amigos de verdade cos que compartimos algo que con ninguén outro temos compartido: a nosa infancia.
É unha amizade íntima, que non precisa de definicións. É o sorriso que sae de dentro ao ver aquel compañeiro que levas tanto tempo sen ver e que aparece na reunión cun “Ola, amigos!”.
Amizade:
Corazóns que latexan ao unísono
cando a vida os golpea e os maltrata.
Corazóns que se senten sempre unidos,
na ledicia ou na dolor que os abafa.
Miradas que traspasan o tempo e o espazo
para estar co amigo que as agarda.
Miradas cómplices, que o comparten todo,
e a cambio non esperan do outro nada.
Ter un un amigo é ser dous veces un.
É vivir dúas vidas dunha vegada.
Ter un amigo, amigo, ti o sabes ben,
foi terte a ti.
Grazas!
Pedro J. Rovira
No hay comentarios:
Publicar un comentario
No lo pienses más, dilo...